Maria Fernanda de Faria e Castro Botelho, nada no Porto o 1 de decembro de 1926 e finada en Lisboa o 11 de decembro de 2007, foi unha escritora portuguesa.
Traxectoria Era parente afastada do escritor Camilo Castelo Branco. Estudou Filoloxía Clásica nas Universidades de Coímbra e Lisboa, cidade á que se mudaría para ocupar a dirección do departamento belga de turismo entre 1973 e 1983.
Foi cofundadora da revista Távola Redonda, pero tamén colaborou noutras publicacións periódicas, entre as que se atopaban as revistas Europa e Graal.
En termos literarios fixo a súa estrea co libro Coordenadas Líricas (1951).
En 2020 estaba pevista a reedición da súa obra a a creación dunha Casa-Museu no Cadaval.
Obras As Coordenadas Líricas (1951). Edições Távola Redonda, Lisboa. 56 páxs. O Enigma das Sete Alíneas (1956). Composto e impresso na Casa Portuguesa. 55 páxs. O Ângulo Raso (1957). En 1970: Livraria Bertrand. 335 páxs Calendário Privado (1958). Livraria Bertrand. 267 páxs. A Gata e a Fábula (1960). Ed. de 1987 en Contexto, ISBN 9789725750636. Ed. de 2005 en Editorial Presença, ISBN 9789722334068. Ed. de 2018 en Abysmo, ISBN 9789898688583. Xerazade e os outros (1964). Ed. de 1.989 en Contexto, ISBN 9789725750742 Terra sem Música (1969). Ed. de 1991 en Contexto, ISBN 9789725751077. Lourenço É Nome de Jogral (1971). Ed. de 1991 en Contexto, ISBN 9789725751114. Ed. de 2020 en Abysmo, ISBN 9789899014046. Esta Noite Sonhei com Brughel (1987). Contexto. ISBN 9789725750674. Ed. de 2017 en Abysmo, ISBN 9789898688439. Festa em Casa de Flores (1990). Contexto. ISBN 9789725750889. As contadoras de histórias (1999). Editorial Presença. ISBN 9789722323673. Gritos da Minha Dança, inéditos (2003). Editorial Presença. ISBN 9789722330336.
Crítica Sobre o estilo, o escritor Urbano Tavares Rodrigues di dela que "é dun rigor, dunha orixinalidade tais que a troca dunha simples palabra na maioría das súas frases apagaría intencións. Ese estilo acutilante, irónico, persoalísimo, todo ele nervo e creación, bastaría para impor decisivamente Fernanda Botelho".
O poeta Jorge de Sena afirmou que a súa escrita era "[...] árida, sarcástica, anti-lírica [...] vivendo a súa lucidez na desagregación e pola desagregación dunha desasombrada e cínica visión que usa insolitamente as palabras e os símbolos".
A súa obra narrativa dunha sutileza e axilidade pouco comúns destaca polo dominio do diálogo. Revela unha observación aguda da sociedade portuguesa; os personaxes móvense dentro dunha ética burguesa sen complexos, cos ideais e desencantos dunha xeración de posguerra.
Premios 1961: Premio Castelo Branco, grazas á obra A Gata e a Fábula. 1971: Prémio Nacional de Novelística por Lourenço é Nome de Jogral. 1987: Prémio da Crítica por Esta Noite Sonhei com Brueghe. 1990: Prémio Eça de Queiroz por Festa em Casa de Flores. 1995: Prémio P.E.N. Clube Português de Novelística por Dramaticamente vestida de negro
Grau de Grande Oficial da Ordem do Mérito Grau da Ordem de Leopoldo I (Bélxica) Medalha de Tradução pola Direção-Geral das Relações Culturais de Itália
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre Fernanda Botelho Noticia da morte da escritora no xornal Público
Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Nados no Porto Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa