200px|miniatura|Diferentes cosméticos. Un estilista é un profesional que se dedica a asesorar sobre a vestimenta, o peiteado e en xeral a imaxe e estética dos seus clientes, normalmente tomando como guía a moda ou tendencias do momento.

Formación e requisitos (España) Os estilistas son os profesionais encargados de crear unha harmonía estética ao redor dun suxeito ou escenario. O estilita encárgase de seleccionar os elementos adecuados para unha editorial de revista, campañas publicitarias, televisión, vídeos musicais, presentacións en concertos e calquera aparición pública dalgún modelo ou celebridade. Os estilistas xeralmente son parte dun equipo requirido polo cliente para traballar xunto con deseñadores de moda, fotógrafos, directores, peiteadores e maquilladores para crear un aspecto particular ou un tema para un proxecto específico.

Para traballar como estilista hai varias vías a seguir: Formación Profesional de Grao Superior: Estilismo, Asesoría de imaxe persoal,deseño en estilismo de indumentaria e en modelismo. Estudos Universitarios de Grao Superior: Escolas de deseño e moda. Outros Estudos: Cursos de peiteado. Cursos de maquillaxe. Cursos de estilismo de moda. Cursos de estilismo, imaxe e moda. Cursos de fotografía de moda e estilismo persoal.

Mercado Laboral As saídas profesionais do estilismo son as seguintes: Estilista. Editor de Moda. Asesor Persoal. Estilista de Pasarela. Estilista de Fotografía.

Véxase tamén Outros artigos Deseño de moda.

Categoría:Moda Categoría:Ocupacións artísticas