John Phillip Key, nado en Auckland o 9 de agosto de 1961, é un executivo de empresas e político, ocupou o cargo de Primeiro Ministro de Nova Zelandia desde o 19 de novembro de 2008 até o 12 de decembro de 2016. Foi o líder do Partido Nacional (National Party).

Traxectoria Comezou en política en 2001 sendo elixido o ano seguinte deputado pola circunscrición de Helensville. Sería reelixido por ese distrito electoral en 2005 e 2008. En 2004 converteuse no portavoz de Finanzas no gabinete na sombra. En 2006 tras a dimisión de Don Brash pasou a dirixir o Partido Nacional. Como líder do partido presentouse como candidato a Primeiro Ministro nas eleccións xerais de 2008 contra laborista Helen Clark que ocupaba ese posto desde 1999. As eleccións gañounas o Partido Nacional con 58 escanos, quedándose a catro da maioría absoluta. Para conseguir esa maioría formou unha coalición cos partidos conservadores ACT e Futuro Unido, ademais do Partido maorí. Key baseou a súa campaña na economía e nas opcións de superar a crise global.

Notas

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Auckland Categoría:Primeiros ministros de Nova Zelandia Categoría:Alumnos da Universidade de Canterbury