Juan Carlos Mandiá Lorenzo, nado en Alfoz do Castrodouro o 17 de xaneiro de 1967, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa.
Traxectoria Como xogador Con 14 anos, un observador do Real Madrid tras gustarlle o seu xogo como central infantil da selección galega levouno ao club madridista a realizar unhas probas de selección baixo a supervisión de Luis MolownyEl modelo del Castilla es valentía, ataque y extremos, As, 4 de marzo de 2008.
Mandiá xogou a partir daquela no Castilla CF (denominación por entón do filial do Real Madrid), na Segunda División. Foi un fixo na defensa do filial madridista, pero só puido debutar co primeiro equipo en 2 ocasións.
Debutou con só 17 anos en Primeira División de España o 9 de setembro de 1984 co Real Madrid CF no Molinón contra o Sporting de Xixón, partido da xornada 2ª que finalizou con empate a uns. Mandiá xogou os 90 minutos. O seu debut produciuse por mor dunha folga de xogadores profesionais que afectou a Liga na tempada 1984/85. O adestrador madridista daquel partido foi Amancio Amaro. Anos despois do seu debut en Primeira, na tempada 1987/88, volveu disputar un partido co Real Madrid: foi o 16 de abril de 1988 contra o Celta en Balaídos. Daquela o adestrador do Real Madrid CF era Leo Beenhakker.
Tras concluír o seu paso polo Real Madrid, Juan Carlos Mandiá fichou por unha tempada (1988/89) no RCD Espanyol, co que xogou 21 partidos en Primeira División.
Na tempada seguinte marchou ao Celta de Vigo, e alí estivo 4 tempadas. Na primeira, a tempada 1989/90 xogou 26 partidos e o equipo descendeu a Segunda División. As 2 campañas seguintes o Celta xogou en Segunda, onde quedou de 14º e campión respectivamente. Xa na 1992/93, a súa cuarta no club vigués, xogou só 2 partidos en Primeira División.
Posteriormente marchou ao CD Logroñés, onde as tempadas 1993/94 e 1994/95 xogounas en Primeira División, con 24 e 14 partidos respectivamente en cada unha. Na 1994/95 o equipo rioxano descendeu. En 1995 fichou polo CD Toledo en Segunda División, onde permaneceu durante 2 tempadas. Na 1995/96 xogou 2.862 minutos en 34 partidos, e na 1996–97 xogou 2.943 minutos en 33 partidos. Na tempada 1997/98 fichou polo Córdoba CF en Segunda División B. Na súa primeira tempada no club verdibranco o equipo quedou sexto. Foi na súa segunda tempada cando conseguiu o ascenso a Segunda División, pois o equipo quedou terceiro na liga regular e ascendeu na liguiña de ascenso. Na tempada 1999–00 xogou 8 partidos e foi a da súa retirada como xogador de fútbol.
Adestrador Na súa etapa como xogador aproveitou para obter os títulos de adestrador. En 1996 conseguiu o nivel 1, en 1997 o nivel 2 e en 2000 o nivel 3Ficha de títulos de adestrador de Mandiá , Acceso o 6/8/2010.
Os seus primeiros pasos como adestrador fíxoos na canteira do Real Madrid, ata que fichou en novembro de 2002Mandiá: «Lo siento por el Toledo, pero mañana le va a ganar mi Logroñés , ABC, 31/1/2003 polo seu primeiro club profesional, o Club Deportivo Logroñés. Fíxose cargo do equipo tras a destitución de Ico Aguilar, e os branquivermellos quedaron terceiros no Grupo II de Segunda B e disputaron a liguiña de ascenso a Segunda División, aínda que non ascenderon. Tras o seu paso polo equipo rioxano, estivo libre ata que o Hércules CF o fichou tras a destitución de José Carlos Granero. Co Hércules finalizou subcampión do Grupo III de Segunda División B e realizou unha gran promoción de ascenso contra AD Ceuta e RSD Alcalá, co que ascendeu a Segunda División.
Na tempada 2005–06 continuou adestrando o Hércules no seu regreso a Segunda División, ata que foi destituído tras moitos problemas internos na cúpula directiva. Na tempada 2006–07 fichou polo Real Madrid Castilla como segundo adestrador de Míchel no filial en Segunda DivisiónEl Real Madrid confirma la incorporación de Míchel como técnico del Castilla por cuatro años , Lukor.com, 5/7/2006. O Castilla descendeu a Segunda B, e na 2007–08 Mandiá fíxose cargo do equipo como adestrador. O Castilla quedou no 5º lugar, a un só punto de disputar a fase de ascenso a Segunda División.
Trala súa tempada no filial madridista, o 21 de maio de 2008 anunciouse por parte do Hércules a súa fichaxe para as dúas seguintes tempadas. O equipo herculano dotou a Juan Carlos Mandiá do control deportivo do primeiro persoal, nomeouno adestrador e director xeral deportivo. O 19 de xuño de 2008 foi presentado oficialmente como adestrador do Hércules de Alacant para as tempadas 2008–09 e 2009–10. O técnico regresou ao club alacantino xunto con técnicos da súa confianza como o preparador físico Kike Sanz, o segundo adestrador Antonio Puche, ou o adestrador de porteiros José Ramón de la Fuente. Nesa tempada o Hércules conseguiu o ascenso. Anos máis tarde, no verán de 2010, Mandiá foi nomeado polos medios de comunicación como un dos implicados no pagamento de diñeiro a terceiros equipos, dentro da campaña do ascenso"Sin dar primas, jugamos otra Liga", El País, 6/8/2010
Os días 24 e 25 de xuño de 2009 saíron á luz as avanzadas negociacións entre Mandiá e o Racing de Santander. O 26 de xuño de 2009 confirmouse que Juan Carlos Mandiá adestraría o Racing por unha tempada con opción a outra xunto co seu equipo técnicoJuan Carlos Mandiá es ya el nuevo entrenador del Racing , El Diario Montañés, 26/6/2009. Debutou como adestrador de Primeira División co Racing de Santander o día 30 de agosto de 2009 contra o Getafe en El Sardinero.
Tras a mala serie do equipo cántabro, o 9 de novembro de 2009 Mandiá foi destituído como adestrador do Racing.Mandiá es destituido como entrenador del Racing, Marca, 9/11/2009
En decembro de 2013 firmou como adestrador do Deportivo Alavés, club que adestrou até marzo de 2014 cando foi cesado e substituído por Alberto López.Alberto López sustituye a Juan Carlos Mandiá al frente del Deportivo Alavés ; Deportivo Alavés, 23 de marzo de 2014.
Palmarés Como xogador Real Madrid Copa da UEFA: 1984–85 Copa da Liga: 1984–85 Liga de España: 1987–88
Celta Segunda División: 1991–92
Como adestrador Clasificación para a liguiña de ascenso a Segunda División co CD Logroñés (2003/04). Subcampión do Grupo III de Segunda B, e ascenso a Segunda División co Hércules CF (2004/05).
Notas
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Alfoz do Castrodouro Categoría:Futbolistas de Alfoz do Castrodouro Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores do CD Toledo Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do CD Logroñés Categoría:Adestradores do Real Madrid Castilla Categoría:Adestradores do Hércules CF Categoría:Adestradores do Racing de Santander Categoría:Adestradores do CD Tenerife Categoría:Adestradores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Real Madrid CF