Barletta-Andria-Trani é unha provincia da rexión italiana de Puglia, que foi constituída no 2004. Creouse a partir de dez concellos (comuni) que estaban anteriormente na provincia de Bari e na de Foggia. O seu nome provén das tres cidades que comparten as funcións administrativas da nova provincia. A poboación total dos dez municipios que comprenden a nova provincia era de 383.018 habitantes (censo de 2001).
Municipios A nova provincia comprende 10 municipios (poboación do censo do 2001):
Sete da Provincia de Bari: Andria (95.653) Barletta (92.094) Bisceglie (51.718) Canosa di Puglia (31.445) Minervino Murge (10.213) Spinazzola (7.362) Trani (53.139)
Tres da Provincia de Foggia: Margherita di Savoia (12.585) San Ferdinando di Puglia (14.361) Trinitapoli (14.448)
Barletta-Andria-Trani Barletta-Andria-Trani