Shannon Carl Leto (nado o 9 de marzo de 1970 en Bossier City, Louisiana) é un batería estadounidense e actor ocasional. Batería autodidacta dende os 8 anos, toca na banda 30 Seconds to Mars, e é o irmán máis vello do vocalista da mesma, o actor Jared Leto. Como actor apareceu nalgún capítulo da serie My So-Called Life co seu irmán, e tivo pequenos papeis nas películas Prefontaine e Highway, protagonizadas por Jared.

Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados na parroquia de Bossier, Luisiana