Weezer (tamén coñecido coma The Blue Album) é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Weezer. Foi editado o 10 de maio de 1994 a través do selo DGC Records. No álbum aparecen os sinxelos "Undone - The Sweater Song", "Buddy Holly" e "Say It Ain't So", que foron os responsables de lanzar á banda ao gran público coa axuda dos seus videoclips dirixidos por Spike Jonze. En agosto do 2009 o álbum levaba vendidas máis de 3,3 millóns de copias nos Estados Unidos e trátase do álbum de Weezer con máis vendas.

No ano 2003 foi colocado no número 299 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".

Antecedentes Weezer formárona o 14 de febreiro de 1992 nos Ánxeles Rivers Cuomo, Pat Wilson, Matt Sharp e Jason Cropper. Comezaron a tocar en clubs e pequenos locais da zona de Los Angeles, porén, pasou bastante tempo antes de que a banda gañase algo de fama.

Weezer gravou The Kitchen Tapes como un intento de facerse escoitar na cidade. A banda finalmente conseguiu a atención do representante dun gran selo que buscaba grupos de rock alternativo. Entón asinaron un contrato para DGC Records o 26 de xuño de 1993 con Todd Sullivan, A&R de Geffen Records.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Weezer Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de DGC Records