María Mera Constenla, nada en Boqueixón o 10 de agosto de 1986, é unha actriz galega.

Traxectoria Naceu en Boqueixón, e os tres anos a familia trasladouse a Vedra.María Mera: «Ao pico Sacro aínda escapo agora» Fixo a carreira de Turismo e estudos interpretativos na Escola de Teatro de Santiago de Compostela. Participou nas series de televisión Libro de familia e Matalobos. Tamén en distintas curtas como Efectos Colaterais (2010), do director Jairo Iglesias. En 2010 foi elixida para encarnar a Salomé na produción do Centro Dramático Galego."María Mera será a Salomé do Centro Dramático" Dende 2018 interpretou a tenente Vargas na serie O sabor das margaridas.

Filmografía Arre demo (2007) Acompáñenos (2008-2009) Matalobos (2009-2013) Efectos colaterais (2010) Ata a cociña (2010) Depetrosa (2010) Un mundo de nenos (2011) Outro máis (2011) Mr. Smith & Mrs. Wesson (2012) Luar (2012/2017-¿?) Como o da casa non hai (2013) O Faro (2013-actualidade) O descoñecido (2015) Dalia, a modista (2016) Traición (2018) O sabor das margaridas (2018) Infiesto (2023)

Notas

Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de Boqueixón Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Nados en 1986 Categoría:Presentadores da TVG