O Club Deportivo Castro é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1980 na vila de Castro de Ribeiras de Lea, no concello chairego de Castro de Rei. Na actualidade xoga no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia. Historia
dereita|miniatura|Campo de fútbol Arturo Pereiro.
Fundado no 1980 en Castro de Rei, na tempada 2015-2016 ascendeu á terceira división con Iván Lamas como adestrador. Nesta categoría na que duraría un ano (2016-2017) acadando o descenso no posto 17°, non podendo manterse na Preferente por moito dous anos máis tarde na tempada 2018-2019 outro descenso chegaría ós castrexos acadando o penúltimo posto da clasificación.
Durante o desenlace da Covid-19, os chairegos recuperarían a forma despois de atallar o impacto do descenso, despois do descanso da tempada 2020-2021 para toda a Primeira Galicia, exactamente na tempada 2021-2022 con Juan Peón coma adestrador o CD Castro aínda coa reestruturación da Primeira Galicia remataría líder do Grupo 3 do subgrupo B máis o ascenso á Preferente escaparía das súas mans quedando terceiros no grupo de ascenso por detrás da SD Pol e o Portomarín CF.
Na tempada 2022-2023 da Primeira Galicia o CD Castro volveu á Preferente Galicia e acadou 80 puntos (7 puntos sobre segundo clasificado, a SD Chantada) dominando o subgrupo de Lugo baixo a dirección de Rafa Casanova dende a xornada 18. Coa derrota do Atlético Escairón, segundo na xornada 33 da competición, acadaron o ascenso de forma matemática.
Historial na liga TempadaCategoríaPosto1980/812ª Rexional5º1981/821ª Rexional11º1982/831ª Rexional10º1983/841ª Rexional10º1984/851ª Rexional9º1985/861ª Rexional5º1986/871ª Rexional12º1987/881ª Rexional5º1988/891ª Rexional13º1989/901ª Rexional14ºTempadaCategoríaPosto1990/911ª Rexional7º1991/921ª Rexional13º1992/931ª Rexional9º1993/941ª Rexional17º1994/952ª Rexional6º1995/962ª Rexional5º1996/972ª Rexional10º1997/982ª Rexional10º1998/992ª Rexional5º1999/002ª Rexional6ºTempadaCategoríaPosto2000/012ª Rexional2º2001/022ª Rexional5º2002/032ª Rexional4º2003/042ª Rexional2004/051ª Autonómica2005/06Preferente12º2006/07Preferente7º2007/08Preferente4º2008/09Preferente7º2009/10Preferente11º2010/11PreferenteTempadaCategoríaPosto2011/121ª Autonómica11º2012/131ª Autonómica2013/14Preferente13º2014/15Preferente8º2015/16Preferente2016/173ª2017/18Preferente6º2018/19Preferente19°2019/201ª Autonómica13°2021/221ª Autonómica3°2022/231ª Autonómica1°
Notas
Véxase tamén
Categoría:CD Castro Categoría:Deporte en Castro de Rei Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes