Lauro Olmo Enciso, nado en Madrid o 6 de xuño de 1955, é un arqueólogo español, fillo do dramaturgo galego Lauro Olmo Gallego.

Traxectoria Estudou Xeografía e Historia na Universidade Autónoma de Madrid (UAM). É profesor titular de arqueoloxía na Universidade de Alcalá, aínda que tamén impartiu clases na Universidade Complutense de Madrid e na UAM. Foi investigador visitante en Harvard cunha bolsa Fulbright, así como na Universidade de Siena.

Investigou a cidade visigoda de Recópolis (Zorita de los Canes, provincia de Guadalaxara), como director científico. Tamén foi director científico nas escavacións de Vega Baja (Toledo).

Obra Recópolis y la ciudad en época visigoda, Zona arqueológica. Madrid. 2008. Recópolis. Un paseo por la ciudad visigoda. (Catálogo da exposición: Recópolis. Un paseo por la ciudad visigoda. Madrid (2006) Teoría e Historia de la Restauración, (coautor), Madrid, 1997.

Notas

Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1955 Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Alcalá Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Madrid