Stanford Moore, nado o 4 de setembro de 1913 en Chicago (Estados Unidos) e finado o 23 de agosto de 1982 en Nova York, foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1972.

Biografía Estudou química na Universidade Vanderbilt en 1935, graduándose como Cum laude. Realizou o doutoramento en química orgánica en 1938 na Universidade de Wisconsin-Madison. Na Universidade Rockefeller de Chicago iniciou os seus traballos de investigación xunto a Max Bergmann e foi nomeado profesor de bioquímica. Durante a segunda guerra mundial estivo adscrito no Departamento de Investigación Científica e Desenvolvemento en Washington, D.C..

Investigacións científicas A partir de 1945 comezou a colaborar activamente con William Howard Stein nas súas investigacións sobre a estrutura da ribonucleasa, nas cales axudoulles en gran medida o seu método de análise de aminoácidos mediante unha columna cromatográfica de separación cuantitativa. Ambos os bioquímicos idearon e perfeccionaron un analizador automático de aminoácidos, indispensable hoxe en día no estudo das proteínas e que permitiron medir a actividade catalítica das encimas.

En 1972 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química, que compartiu con William H. Stein, polos seus traballos sobre a relación entre a estrutura química e a actividade catalítica do núcleo das moléculas da ribonucleasa. A outra metade do premio recaió en Christian B. Anfinsen polos seus traballos sobre a ribonucleasa.

Véxase tamén Premio Nobel de Química Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1972 Biografía na páxina do Instituto Nobel 1972

Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1913 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Finados en 1982 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América