Silpium Mons é unha montaña da lúa de Xúpiter, Ío. Segundo a U.S. Geological Survey ten un diámetro medio de 114,54 km, aínda que a Io Mountain Database dálle un longo de 113 km por 79,7 km de ancho e unha altura de 5,6 km. Cobre unha área duns 7.073 km2 e está situado nas coordenadas 52,71° S 272,34° O . É coma unha crista estriada, é dicir, unha estrutura elevada dominada por un prominente cumio ou cumios lineais, ou cumios en agulla. O seu nome provén do lugar onde segundo algunhas fontes, Ío morreu dunha gran pena. O seu nome foi adoptado pola Unión Astronómica Internacional no ano 1979. Está situado ó sur de Svarog Patera, ó norte de Mithra Patera, e o nordeste de Viracocha Patera.NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007. A súa proximidade a Svarog e Viracocha Paterae suxiren que podería existir unha conexión estrutural entre as montañas de Ío e as súas caldeiras.Harland, David M. (2000). Jupiter Odyssey: The Story of NASA's Galileo Mission. Springer. ISBN 1852333014. p. 353

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mons. Ío.

Categoría:Ío Categoría:Montes extraterrestres