O Circuito Ricardo Tormo, oficialmente Circuito da Comunidade Valenciana Ricardo Tormo, é un circuíto de carreiras localizado en Cheste na provincia de Valencia na Comunidade Valenciana, España. Construíuse no ano 1999 e espérase que, polo menos, siga acollendo o Gran Premio da Comunidade Valenciana, un evento puntuable para o Campionato do Mundo de Motos, ata 2021.MotoGP: El circuito Ricardo Tormo renovado hasta 2021 Ten unha capacidade para 165.000 espectadores, con 125.000 asentos e leva o nome do campión valenciano de motociclismo Ricardo Tormo, dobre campión do mundo de 50cc.
Datos
Cheste acolle desde o 1999 o Gran Premio da Comunidade Valenciana do Campionato do Mundo de Motociclismo, así como as datas para o Campionato do mundo de Superbikes, as GP2 Series, as European Le Mans Series, o Campionato FIA GT, o International GT Open, o Campionato Europeo de Turismos, o Campionato Mundial de Turismos e o Deutsche Tourenwagen Masters. O circuíto da Comunidade Valenciana Ricardo Tormo organizou unha rolda da GP3 Series en 2013.
thumb | Jorge Lorenzo no Gran Premio da Comunidade Valenciana de 2012.
No seu deseño, seguiuse o canon do circuíto Americano, os coñecidos óvalos, a diferenza do circuíto tradicional europeo coas súas molestias causadas polas solucións arquitectónicas que impiden a visibilidade completa do trazado. Atópase nunha parcela dun millón e medio de metros cadrados situada na zona chamada Cambrillas, dentro do concello de Cheste. A só vinte quilómetros da cidade de Valencia e a escasos quince do aeroporto de Manises. Ademais, dado o seu clima temperado durante o inverno europeo, moitos equipos europeos de automobilismo e motociclismo usan o circuíto durante a pretemporada para probar. Tamén realiza probas de dúatlon e ciclismo.Cheste acoge el mayor 24 horas de la historia de España
O circuíto de Cheste (como se coñece popularmente) consta de catro pistas diferentes, a máis usada é a pista GP, que está clasificada como categoría 2 pola FIA, o que significa que pode albergar todo tipo de eventos automobilísticos e de motor, a excepción do Gran Premio puntuable para o Campionato Mundial de Fórmula 1. Ao principio 2006 anunciouse que se realizarían reformas no circuíto para albergar grandes premios da Fórmula 1. Cheste fará modificacións para organizar un Gran Premio En abril, Bernie Ecclestone puxo a proba as capacidades da pista realizando unha rolda da GP2 Series . Poucos meses despois anunciouse que os grandes premios terían lugar finalmente nun trazado urbano, o Circuíto urbano de Valencia.
Eventos máis importantes Gran Premio da Comunidade Valenciana (MotoGP, 250cc e 125cc) Gran Premio de España do Campionato do Mundo de Superbikes Tests de Fórmula 1 (principalmente durante a pretempada, de xaneiro a marzo) GP2 Series Campionato do Mundo de Turismos Fórmula 3 Española
Outros eventos Concerto de Héroes del Silencio (27 de outubro de 2007), na xira Héroes del Silencio Tour 2007. Concerto de Madonna o 18 de setembro de 2008 na xira Sticky & Sweet Tour 50.143 espectadores
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial do Circuíto da Comunidade Valenciana Reportaxe do Circuíto de Cheste
Ricardo Tormo Categoría:Circuítos de carreiras de España Categoría:Circuítos do DTM Categoría:Motociclismo en España Categoría:Deporte na Comunidade Valenciana