A 42ª edición da Liga española de hóckey a patíns, denominada OK Liga, iniciouse o día 2 de outubro do 2010 e finalizou o 28 de maio do 2011. Nesta edición, ao igual que na anterior, non se disputou play-off polo título, polo que o campión da liga regular será o campión da liga. Os equipos ascendidos de Primeira División foron o CP Voltregà (campión) e o C.E. Vendrell (subcampión). A novidade desta tempada respecto da anterior é a redución do número de equipos, polo que se pasou de 16 equipos a 14. Ao contrario que na edición anterior, nesta serán 3 os equipos de descendan a Primeira, fronte aos catro da pasada campaña. O campión desta edición da liga foi o Tecnol Reus Deportiu, que gañou o seu 5º título de liga. O equipo máis goleador foi o Barcelona Sorli Discau con 117 goles, o menos goleador foi o C.H. Lloret con 54 goles. O equipo menos goleado foi o Barcelona Sorli Discau con 55 goles encaixados, mentres que o C.P. Tenerife foi o equipo máis goleado da competición con 108. Raúl Marín (Tecnol Reus Deportiu) foi o "pichichi" con 40 goles.
Ao finalizar a liga, os tres equipos descendidos foron o C.P. Tenerife, GEiEG e o C.H. Lloret.
O final do dominio blaugrana Esta tempada da OK Liga supuxo a fin do dominio que o FC Barcelona tiña dende a tempada 1997-98 e que supuxo a consecución de 13 títulos consecutivos para o equipo culé (ata o inicio desta época o club barcelonés contaba con 10 títulos). O mal inicio da competición ligueira do FC Barcelona fixo que os culés se viran a 7 puntos da cabeza da liga comandada polo Coinasa Liceo e o Tecnol Reus Deportiu (33 puntos cada un polos 26 do Barcelona) no seu particular man a man polo título, malia este mal comezo, o Barcelona foi recortando a diferenza respecto dos dous primeiros, mostrando unha notable mellora, especialmente dende a consecución da Copa do Rei. Na xornada 24 o FC Barcelona aínda contaba con escasas opcións matemáticas de conquistar o seu 14º título de liga consecutivo, tódalas súas esperanzas pasaban por gañar en Reus ao Tecnol Reus Deportiu, porén tódalas súas opcións se desvaneceron co empate a 2 goles conseguido en Reus e que o situaba a 7 puntos do Tecnol Reus e a 4 do Coinasa Liceo cun partido menos a falta de dúas xornadas (6 puntos). Finalmente o título foi ás vitrinas do Reus Deportiu, que aproveitou o tropezo do Liceo en Barcelona (7-4) na última xornada e gañou o seu partido contra o Tenerife en Reus (4-1), enviando aos canarios a Primeira División, deste xeito, o Reus Deportiu conquistaba o quinto título ligueiro da súa historia 38 anos despois do último e poñendo fin ao dominio do FC Barcelona.
Participantes border|20px Coinasa Liceo da Coruña 20px Igualada HC 20px Tecnol Reus Deportiu 20px CE Noia Freixenet 20px GEiEG 20px CP Voltregà 20px Roncato Patí Vic 20px FC Barcelona Sorli Discau 20px Moritz CE Vendrell 20px C.H. Lloret 20px Enrile PAS Alcoi 20px C.P. Vilanova border|20px C.P. Tenerife 20px Sather Blanes
Clasificación
PosEquipoPtsPXPGPEPPGFGCDG1Tecnol Reus Deportiu62 26 20 2 4 109 60 49 2 Coinasa Liceo59 26 19 2 5 99 66 333Barcelona Sorli Discau57 26 18 3 5 117 55 92 4Noia Freixenet44 26 13 5 8 92 79 135C.P. Vilanova42 26 12 6 8 102 86 16 6Igualada HC42 26 13 3 10 92 80 12 7Roncato Vic37 26 11 4 11 73 80 -7 8Sather Blanes31 26 9 4 13 76 86 -109Moritz CE Vendrell30 26 9 3 14 62 85 -23 10Enrile PAS Alcoi28 26 9 1 16 80 94 -1411CP Voltregà26 26 7 5 14 72 98 -26 12BuyVip.com Tenerife24 26 7 3 16 74 108 -3413GEiEG20 26 4 8 14 55 98 -43 14C.H. Lloret17 26 4 5 17 54 82 -28
Lenda <small> Pts = Puntos totais PX = Partidos xogados PG = Partidos gañados PE = Partidos empatados PP = Partidos perdidos <small> GF = Goles a favor GC = Goles en contra DG = Diferenza de goles (GF-GC) Resaltado en verde = Equipo campión de liga. Resaltados en vermello = Equipos que descenden de categoría.
Resultados ALCBARBLAGIRIGULICLLONOIREUTENVENVICVILVOL Enrile PAS Alcoi 0-4 3-2 2-1 5-6 3-6 2-5 3-6 5-1 7-2 4-1 1-2 5-2 4-4 Barcelona Sorli Discau 5-2 7-1 7-3 4-5 7-4 2-1 4-0 2-4 5-1 6-0 5-1 4-2 10-2 Sather Blanes 6-2 4-3 4-2 3-2 2-3 3-1 2-2 2-3 3-3 3-2 2-2 6-2 3-2 GEiEG 3-2 3-3 3-2 5-6 1-4 1-0 1-1 1-6 3-5 2-1 2-5 1-7 5-5 Igualada HC 6-2 4-3 5-1 1-1 2-3 2-1 4-3 4-5 7-3 1-3 2-3 4-5 4-4 Coinasa Liceo 3-1 2-4 5-3 3-0 3-1 5-4 4-3 3-3 6-3 5-2 1-3 7-5 6-3 C.H. Lloret 4-2 0-6 4-4 1-1 3-5 1-2 2-5 0-4 2-2 1-3 2-3 1-1 3-2 Noia Freixenet 7-8 2-4 4-2 6-5 2-0 2-1 3-1 2-1 4-2 3-3 5-4 3-6 8-3 Tecnol Reus Deportiu 5-3 2-2 6-3 9-1 4-3 1-2 4-1 3-4 4-1 7-3 5-1 5-3 8-3 C.P. Tenerife 2-4 2-4 4-3 2-2 3-5 5-4 5-4 4-3 6-7 2-5 4-1 3-6 1-0 Moritz CE Vendrell 2-4 4-3 2-1 1-1 4-7 3-6 1-1 3-0 1-3 6-3 1-4 2-5 2-1 Roncato Vic 2-0 1-6 4-7 5-5 4-1 3-6 3-4 3-3 2-4 2-1 5-2 3-3 3-2 C.P. Vilanova 5-4 1-3 5-2 5-1 3-3 1-1 5-4 5-5 1-2 8-3 5-2 3-2 5-5 CP Voltregà 2-1 4-4 5-2 5-1 0-2 0-4 5-3 1-6 1-3 3-2 2-3 3-2 5-3
Campión30px Tecnol Reus Deportiu
Máximos goleadores
XogadorEquipoGoles Raúl Marín Tecnol Reus Deportiu 40 Toni Pérez Enrile PAS Alcoi 34 Pablo Álvarez Coinasa Liceo 30 Jordi Bargalló Coinasa Liceo 28 Ferran Formatjé Igualada HC 28 "Jepi" Selva Sather Blanes 26 Reinaldo García FC Barcelona Sorli Discau 25 Jordi Molet Tecnol Reus Deportiu 25 Lucas Ordóñez Roncato Vic 25
Véxase tamén
Outros artigos Cadros de xogadores da OK Liga 2010-2011
Ligazóns externas Web oficial da Real Federación Española de Patinaxe
Categoría:Tempadas da OK Liga OK Liga