O Espiño é un lugar da parroquia de Ponte no concello pontevedrés de Silleda. O Instituto Galego de Estatística non achega datos de poboación para a localidade.

Situación Está situado no centro da parroquia, próximo ao lugar de Tras do Sisto, do que está separado pola PO-205. É o lugar máis moderno de Ponte, datando a primeira construción da década de 1970.

Denominación O Espiño tamén recibe o nome de Tras do Agro, xa que para os veciños dos lugares situados máis ao norte (e a menor altura) se atopaba por detrás do Agro de Casderrei. Outra denominación histórica deste lugar é a de Croíños Brancos. Lugares e parroquias Lugares de Ponte

Parroquias de Silleda

Notas

Categoría:Lugares de Silleda