A tempada 2007-2008 foi a 29ª tempada consecutiva do H.C. Liceo na OK Liga (máxima categoría do hóckey a patíns español) dende a súa fundación en 1972. Esta tempada foi a cuarta consecutiva do equipo galego sen acadar ningún título.

Equipo 00 Jaume Llaverola 3 Josep Lamas 4 Joan Manuel Grasas 5 Jesús Gende 6 Martín Payero 7 Pablo Álvarez 10 20px Adrián Vallina 57 Reinaldo García 88 Pedro Alves

Adestrador: José Querido Adestrador adxunto: Juan Copa Preparador físico: Óscar Viana González

Altas Joan Manuel Grasas (C.P. Vilanova) Reinaldo García (FC Porto) 20px Adrián Vallina (CP Areces)

Baixas Josama Alén (CP Tenerife) Francesc Bargalló (CP Voltregà) "Pichu" Galvani (Vigo Stick)

Clasificacións Terceiro posto da OK Liga por detrás do líder, o FC Barcelona, e do segundo clasificado, o Reus Deportiu. Nos cuartos de final da Copa do Rei, celebrada en Igualada (Cataluña), elimina o FC Barcelona gañando por 2-3 nos cuartos de final, mais perde en semifinais contra o Noia Freixenet por 3-1, os tres goles do Noia tras xogadas polémicas, nun partido do que non gardan boas lembranzas os afeccionados liceistas, finalmente o equipo do Noia se proclamaría campión da Copa. Na Copa de Europa acada a clasificación para a última Final-Four (final a catro) que se ía disputar nesta competición debido ao cambio de modelo da competición, caendo fronte ao Reus Deportiu no Palau Blaugrana de Barcelona cun gol de ouro de Xavier Caldú na prorroga, despois de ir por diante todo o partido ata que, faltando 40 segundos para o final o Reus empatou o partido cun gol de Toni Sánchez e forzou dita prorroga. Nos Play-off polo título da OK Liga cae en semifinais fronte ao Reus Deportiu por 3 vitorias a 0, logo de derrotar na primeira rolda dos mesmos ao Blanes HC por 3 vitorias a 2.

Véxase tamén Outros artigos Tempada 2007-2008 da OK Liga Copa do Rei 2008 Copa de Europa 2007-2008

Categoría:Tempadas do H.C. Liceo

ca:Temporada 2007-2008 del Hockey Club Liceo de La Coruña