As Lombas é un lugar da parroquia de Loentia, no concello lugués de Castro de Rei. Segundo o IGE, en 2019 tiña 49 habitantes (21 homes e 28 mulleres), o que supón que mantivo a súa poboación dende o 2014, cando tamén tiña 49 habitantes.

Nel atópase un exemplar de eucalipto do maná de 120 anos, que acada unha altura de 45 metros e un perímetro troncal de case 9. Coñécese co nome de eucalipto da Casa de Ordax.

Lugares e parroquias Lugares de Loentia

Parroquias de Castro de Rei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Castro de Rei

Categoría:Lugares de Castro de Rei