CCTV-E (en chinés: 中国中央电视台, en pinyin: Zhōngguó Zhōngyāng Diànshìtái) é unha canle de televisión da República Popular da China que emite 24 horas ao día en castelán. Forma parte de China Central Television.
Programación A súa programación inclúe noticias, deportes, negocios e ademais curiosidades sobre China e outras partes de Asia, así como telenovelas chinesas subtituladas e documentales de viaxes polo interior deste país, xunto con percorridos culturais e artísticos. Esta canle emite tamén cursos de aprendizaxe da lingua chinesa.
Producións
Noticiario: noticias da China e do mundo Cultura Exprés: información de arte, tecnoloxía Escenario Deportivo: noticias da China e do mundo Así é China: É unha presentación completa da China. Mundo ao minuto: programa sobre a actualidade internacional Bizchina: Informa sobre a actualidade económica chinesa e internacional Tempo Deportivo: presenta o mundo dos deportes tradicionais chineses Telenovela: transmite teleseries de produción chinesa, antiga e moderna Prognóstico do Tempo: Prognóstico do tempo en cidades da China e do mundo. Asia hoxe: presenta os últimos sucesos de Asia economía, ciencia, tecnoloxía e cultura. Diálogo: entrevistas a celebridades e funcionarios gobernamentais da China e do mundo Documental: avances e descubrimentos tecnolóxicos e científicos, da chinesa e do mundo Viaxando e aprendendo chinés: É un programa que ensinar os estranxeiros a falar chinés
Véxase tamén
Outros artigos CCTV-العربية en árabe CCTV-News en inglés CCTV-F en francés CCTV-HD en Alta definición CCTV - Pусский en ruso
Ligazóns externas CGTN en español Páxina oficial.
Categoría:CCTV