Nauterra, anteriormente chamado Grupo Calvo, é un grupo empresarial galego de alimentación con sede en Carballo."Información legal ." Calvo. Consultado o 1 de setembro de 2010. Calvo dedícase á pesca, produción, transformación e comercialización de conservas de peixe e pratos precociñados. A empresa vende os seus produtos en 60 países.

Historia As orixes da empresa están na Maragatería previo paso por Cuba. A familia Calvo estableceuse en Carballo a finais do século XIX.José Luis Calvo, desde Carballo para el mundo. El País Dende entón é unha empresa familiar.

Calvo foi creada en 1940 por Luís Calvo Sanz. En 2004 Calvo mercou a marca brasileira Gomes da Costa, pasando a ser unha das cinco maiores empresas conserveiras do mundo. En 2008 Calvo colleitou unhas ganancias de dous millóns de euros."Calvo comes out on top ." FIS United States. Consultado o 1 de setembro de 2010. O Grupo Calvo está agrupado baixo o nome de Luis Calvo Sanz, S.A.

En 2012 a multinacional Bolton International Group comprou o 40% das accións da empresa por uns 125 millóns de euros.Grupo Calvo - Luis Calvo Sanz, S.A. (Group Headquarter)

En 2023 contaba con 5200 empregados, e mais con fábricas e oficinas en sete países, entre eles O Salvador, Venezuela e Costa Rica e filiais en Italia (baixo a marca Nostromo) e o Brasil (baixo a marca Gomes da Costa). O grupo tivo un volume de negocio de 678 millóns de euros en 2022.

Produtos Conservas de peixes e marisco Pratos precociñados

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Grupo Calvo

Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría: Industria de Galicia Categoría: Economía de Galicia