A interleucina 2 (IL-2 ou IL2) é unha proteína interleucina integrante das citocinas do sistema inmune, composta por 133 aminoácidos e de masa 15,4 kDa. Actúa coma factor de crecemento dos linfocitos T, induce todos os tipos de subpoboacións de linfocitos e activa a proliferación de linfocitos B. O seu xene localízase no cromosoma 4 (4q26-28).
Funcións A IL-2 tamén regula a resposta inmunitaria, intervén na reacción inflamatoria estimulando a síntese de interferón, induce á liberación de IL-1, TNF-alfa e TNF-beta. IL-2 é preciso para o establecemento da memoria inmunitaria celular, ademais de para o recoñecemento de autoantíxenos e antíxenos foráneos.
Ligazóns externas IL-2 en Prospecbio
Categoría:Citocinas Categoría:Inmunoloxía Categoría:Xenes do cromosoma 4