miniatura|Manifestación de grupos antiglobalización en Edimburgo pola celebración do 31º Cumio do G8.
O Grupo dos Oito, máis coñecido como G8 ou G-8, agrupa aos sete países países máis industrializados do mundo e máis a Rusia.
O G8 ten a súa orixe na crise do petróleo de 1973 e na posterior recesión mundial, cando a petición do secretario do tesouro nortemaricano, George Shultz, reuníronse os ministros de facenda dos cinco países máis industrializados, aínda que non se formou oficialmente ata 1975 na xuntanza de Rambouillet cando o presidente francés Valéry Giscard d'Estaing convidou a participar nun cumio aos seis países máis industrializados: Francia, Alemaña, Italia, o Xapón, o Reino Unido e os Estados Unidos (G6). En 1976, uníuselles o Canadá (G7) e en 1998, Rusia.
Os representantes destes oitos países xúntanse anualmente para analizar o estado da política e a economía internacionais e coordinar as súas políticas económicas.
Cumios do G8 O cumio anual de líderes do G8 reúne aos xefes de estado ou goberno das oito potencias industrializadas máis importantes. É un evento político internacional de primeira magnitude que ten gran repercusión nos medios de comunicación. O país membro que ostenta a presidencia rotatoria anual é o encargado de organizar o cumio nalgún lugar do seu estado.
Data Estado anfitrión Mandatario anfitrión Sede do cumio Información 1ª 15 – 17 de novembro (1975) Valéry Giscard d'Estaing Rambouillet 2ª 27 – 28 de xuño (1976) Gerald R. Ford San Xoán 3ª 7 – 8 de maio (1977) James Callaghan Londres 4ª 16 – 17 de xullo (1978) Helmut Schmidt Bonn 5ª 28 – 29 de xuño (1979) Masayoshi Ohira Tokyo 6ª 22 – 23 de xuño (1980) Francesco Cossiga Venecia 7ª 20 – 21 de xullo (1981) Pierre Elliott Trudeau Montebello, Quebec 8ª 4 – 6 de xuño (1982) François Mitterrand Versalles 9ª 28 – 30 de maio (1983) Ronald Reagan Williamsburg, Virxinia 10ª 7 – 9 de xuño (1984) Margaret Thatcher Londres 11ª 2 – 4 de maio (1985) Helmut Kohl Bonn 12ª 4 – 6 de maio (1986) Yasuhiro Nakasone Tokyo 13ª 8 – 10 de xuño (1987) Amintore Fanfani Venecia 14ª 19 – 21 de xuño (1988) Brian Mulroney Toronto 15ª 14 – 16 de xullo (1989) François Mitterrand Grande Arche, París 16ª 9 – 11 de xullo (1990) George H. W. Bush Houston, Texas 17ª 15 de xullo – 17 de xullo (1991) John Major Londres 18ª 6 – 8 de xullo (1992) Helmut Kohl Múnic 19ª 7 – 9 de xullo (1993) Kiichi Miyazawa Tokyo 20ª 8 – 10 de xullo (1994) Silvio Berlusconi Nápoles 21ª 15 – 17 de xuño (1995) Jean Chrétien Halifax, Nova Escocia - 19 – 20 de abril (1996)(Cumio especial sobre seguridade nuclear) Boris Eltsin Moscova 22ª 27 – 29 de xuño (1996) Jacques Chirac Lión 23ª 20 – 22 de xuño (1997) Bill Clinton Denver, Colorado 24ª 15 – 17 de maio (1998)(Primeiro cumio como G8) Tony Blair Birmingham (arquivo) 25ª 18 – 20 de xuño (1999) Gerhard Schröder Colonia 26ª 21 – 23 de xullo (2000) Yoshiro Mori Okinawa 27ª 20 – 22 de xullo (2001) Silvio Berlusconi Xénova 28ª 26 – 27 de xuño (2002) Jean Chrétien Kananaskis, Alberta 29ª 2 – 3 de xuño (2003) Jacques Chirac Évian-les-Bains 30ª 8 – 10 de xuño (2004) George W. Bush Sea Island, Xeorxia 31ª 6 – 8 de xullo (2005) Tony Blair Gleneagles, Escocia 32ª 15 – 17 de xullo (2006) Vladimir Putin Strelna, San Petersburgo 33ª 6 – 8 de xuño (2007) Angela Merkel Heiligendamm, Mecklenburgo 34ª 7 – 9 de xullo (2008) Yasuo Fukuda Tōyako, Hokkaidō 35ª 8 – 10 de xullo (2009) Silvio Berlusconi L'Aquila 36ª 25 – 26 de xuño (2010) Stephen Harper Muskoka, Ontario 37ª 25 – 26 de maio (2011) Nicolas Sarkozy Deauville 38ª 18 – 19 de maio (2012) Barack Obama Camp David 39ª 17 – 18 de xuño (2013) David Cameron Enniskillen, Irlanda do Norte 40ª 2014 Vladimir Putin Sochi Suspendida por mor da anexión de Crimea por Rusia
Categoría:Organizacións económicas internacionais