Manuel Piñeiro Antón, coñecido como Manolo do Menor, nado en Soaserra (Cabanas) en 1913, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Botouse ao monte logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. O seu grupo foi dos máis activos antes de 1939. Logo foi membro da guerrilla liderada por José Vázquez Mauriz "Patitas" e Ramiro Martínez López "Zapateiro" que actuou na comarca do Eume. Mantiña implícitas funcións de enlace cara a Lugo e A Coruña e de «xefatura por respecto». Participou no axustizamento do falanxista José Rodríguez Rivera con Jesús López Ardao e Ramón Fraga Couceiro en novembro de 1944, e na do falanxista José Calvo en Ombre.
O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros 21 guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. En Francia estableceu contacto cos irmáns Vilar Pereira. Marchou a Venezuela. En 1953 escribiu dende Venezuela ao Ministerio de Xustiza pedindo a anulación das causas que había contra el, pero denegáronlle a petición. Volveu nos anos oitenta e déronlle unha malleira por esixir diñeiro cando era guerrilleiro. Volveu marchar a Venezuela.
Vida persoal
Casou no exilio con Josefa Eibe Vilar. Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas A evasión guerrilleira no “Santa Teresa”
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1913 Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes