miniatura|200px|Un xastre tomándolle as medidas a un cliente en Hong Kong. Un xastre ou alfaiate é a persoa que exerce o oficio da xastrería, unha arte que consiste na creación de pezas de vestir principalmente masculinas (traxe, pantalón, chaleco) de forma artesanal e a medida, ou sexa, deseñando exclusivamente de acordo coas medidas e preferencias de cada cliente, sen facer un uso estandarizado de numeración preexistente.

Os xastres na cultura popular galega A literatura popular galega recolle numerosas burlas e sátiras contra os xastres -e tamén as costureiras-, ó considerarse que o seu traballo é livián e cómodo, en comparación co traballo no campo, moito máis duro. Por iso táchanse ós xastres de delicados, afectados, pouco homes.Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (en Dicionario de Dicionarios s. v. xastre).

Os mariñeiros seguen diferentes crenzas e cautelas á hora de construír unha barca ou facerse ó mar. Entre elas cómpre citar a prohibición de levar a bordo un cura ou falar deles, de cobras, de raposas, de zapateiros ou de xastres.Eliseo Alonso: "Mariñeiros das gamelas", en Coloquio de etnografía marítima, Museo do Pobo Galego, Santiago 1988, px. 125.

Léxico Por veces chámanse xastres os piollos que se moven polas costuras dun vestido.

Xastre é un dos nomes comúns dun pequeno crustáceo denominado Galathea strigosa

Locucións Ser coma o xastre das Baíñas: dise de quen recibe un encarga, pon os materiais e logo non cobra. A expresión pode completarse así: ser coma o xastre das Baíñas, coser de balde e pór as liñasFrancisco Javier Rodríguez (1863): Diccionario gallego-castellano, ed. de Antonio dela Iglesia González, A Coruña (en Dicionario de Dicionarios s. v. xastre).Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona (en Dicionario de Dicionarios s. v. xastre).

Refraneiro Na cas do probe que dá o que ten, puntada curta e agoantar ben.Saudade 3, maio 1943, 24-25. Na casa do rico que fai mala vida, puntada larga e acabar axiña. Na casa do pòbre que da do que ten, puntada corta e asegurar ben.Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar (en Dicionario de Dicionarios s. v. xastre).

Cantigueiro A que non viches o que eu vin/ na feira do Rapadoiro:/ veinticinco castres xuntos/ cosendo nun barredoiro.Saudade 4, xullo 1943, 28. ¿Quen mo compra, que llas vendo/ catro cousas nun raial?/ Un xastre, unha costureira,/ unha agulla e un dedal. Sete xastres fan un home,/ catorce fan un testigo,/ para botar unha firma/ fanche falla veintecinco. Sete xastres fan un home/ e vintacinco un testigo,/ fan falla cento cincoenta/ para firmar un recibo.Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (en Dicionario de Dicionarios s. v. xastre). Sete xastres fan un home/ o ano do pan barato,/ o ano que o pan é caro/ xa fan falla vintecatro.

Notas

Categoría:Moda Categoría:Ocupacións