Ricardo Fernández Carlés, nado en Valga cara a 1913 e finado en Loureiro (Luou, Teo) o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Veciño de Pontecesures. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 interveu na defensa de Pontecesures e foi detido o 7 de novembro. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 1 de abril de 1937, foi condenado a 15 anos de prisión. Conmutáronlle a pena a dous anos e saíu de prisión en novembro de 1938. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Foi membro do grupo de Miguel Nicolás Esperante "Corcheiro". Integrouse con Manuel Agrasar Cajaraville na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderada por Benigno Andrade "Foucellas" e José Remuiñán Barreiro "Ricardito". O grupo foi avistado pola Garda Civil en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948. A benemérita incendiou a casa onde se refuxiaban os guerrilleiros e Ricardo morreu polos disparos das metralladoras xunto a Manuel Agrasar Cajaraville, Vicente López Novo e Florentino Menéndez; tamén morreu o garda civil Manuel Gardón Castro. "Foucellas" e "Ricardito" lograron fuxir.

O corpo de Ricardo foi exhumado no ano 2025, xunto co dos seus compañeiros, da foxa común do cemiterio de Luou onde foran soterrados tras caer abatidos, despois do traballo levado a cabo polo grupo de investigación HISTAGRA.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Valga Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes