Roberto Goyeneche, nado en Saavedra (cidade de Buenos Aires) o 29 de xaneiro de 1926 e finado en Buenos Aires o 27 de agosto de 1994, foi un exitoso cantor de tango de ascendencia vasca.

Traxectoria Foi moi recoñecido pola súa calidade interpretativa e polo seu particular modo de frasear con rubato as melodías do tango. Esta particularidade baseábase en non facer coincidir o tempo da letra que cantaba co tempo do acompañamento musical. A frase sempre quedaba por diante ou por detrás do compás, cousa bastante infrecuente no tango.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina non oficial de Roberto Goyeneche Tema Balada para un loco, interpretada por Goyeneche.

Categoría:Músicos da Arxentina Categoría:Arxentinos de ascendencia vasca Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Cantantes de tango