Tudanca é un concello da comunidade autónoma de Cantabria situado na zona occidental da comunidade a 96 quilómetros da capital, Santander.

Localización e características Tudanca atópase no val do Nansa, polo que pertence á comarca de Saja-Nansa. A súa altitude máxima é de 1.815 metros e, a mínima de 244 metros. Tudanca é tamén un dos núcleos de poboación que compoñen o municipio. É o máis poboado e atópase a 3,3 km ao sur de Santotís, a capital municipal. Limita polo norte con Rionansa, polo sur con Polaciones, polo leste con Cabuérniga e a Mancomunidade Campoo-Cabuérniga e polo oeste con Rionansa e Polaciones

Localidades La Lastra, 51 hab. Santotís (Capital), 22 hab. Sarceda, 42 hab. Tudanca, 86 hab.

Economía Un 38,2% da poboación do municipio emprégase no sector primario, un 15,8% na construción, un 10,5% na industria e un 35,5% no sector servizos. Conta cunha taxa de actividade do 41,6% e unha taxa de paro do 17,4%. Predomina polo tanto o sector primario.

Patrimonio Todo o casco do pobo de Tudanca está declarado ben de interese cultural, coa categoría de conxunto histórico.

Demografía

Administración Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 97 49,74 % 3 PRC 97 49,74 % 2

Alcalde electo: Manuel Grande Martínez (PP).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 115 62,84 % 4 PRC 67 36,61 % 1

Alcalde electo: Manuel Grande Martínez (PP).

Categoría:Concellos de Cantabria