Seúl (서울; hangul, 서울특별시; hanja, 서울特別市; romanización revisada, Seoul Teukbyeolsi; McCune–Reischauer, Sŏul T'ŭkpyŏlsi) é a capital e meirande metrópole de Corea do Sur.Antes de 1972, Seúl era a capital de iure da República Popular Democrática de Corea (Corea do Norte) como se indica no artigo 103 da constitución de 1948. Segundo o censo de 2020, Seúl tiña unha poboación de 9,9 millóns de persoasThomas Brinkhoff, www.citypopulation.de; South Korea, The registered population of the South Korean provinces and urban municipalities Registered population 2007-12-31. Retrieved on e forma o corazón da Área da capital de Seúl coa metrópole circundante de Incheon e a provincia de Gyeonggi. Considerada unha cidade global e clasificada como unha cidade alfa pola Globalization and World Cities Research Network (GaWC), Seúl foi a 4ª economía metropolitana máis grande do mundo en 2014 despois de Tokyo, Nova York e Os Ánxeles. A área da capital de Seúl, que inclúe á metrópole de Incheon na provincia de Gyeonggi, é unha das áreas metropolitanas máis poboadas do mundo, con arredor de 25,6 millóns de persoas, sendo o fogar da metade dos surcoreanos e 632.000 residentes internacionais.
Seúl foi cualificada, por Arcadis en 2015, como a cidade máis habitable de Asia coa segunda maior calidade de vida a nivel global, cun PIB per cápita duns 40.000 dólares. Con grandes centros tecnolóxicos centrados en Gangnam-gu e Digital Media City, a área da capital de Seúl alberga a sede de 15 compañías da lista Fortune Global 500, incluíndo Samsung, LG, e Hyundai. A metrópole, que ocupa o sétimo lugar no índice de cidades glovais e no índice de centros financeiros globais, exerce unha grande influencia nos asuntos mundiais como unha das cinco principais anfitrioas de conferencias mundiais.Union of International Associations (UIA) International Meetings Statistics for the Year 2011 . Joel Fischer. Seúl acolleu os Xogos Asiáticos de 1986, os Xogos Olímpicos de verán de 1988 e o cumio do G20 de Seúl de 2010.
A Área da capital de Seúl contén cinco sitios declarados Patrimonio da Humanidade da UNESCO: Palacios Changdeok, Fortaleza de Hwasong, Santuario de Chongmyo, Namhansanseong e as Tumbas reais da dinastía Joseon. Máis recentemente, Seúl foi un lugar importante de construción arquitectónica moderna; os principais puntos de referencia modernos inclúen o N Seoul Tower, o 63 Building, a Lotte World Tower, a Dongdaemun Design Plaza, Lotte World, Trade Tower, COEX, e o IFC Seoul. Seúl foi nomeada Capital Mundial do Deseño en 2010. É o lugar de nacemento do K-pop e da onda coreana. miniatura|upright|Varias vistas de Seúl desde o Edificio 63 en xullo de 2019
Situada á beira do río Han, a historia da cidade abrangue máis de 2.000, dende a súa fundación no ano 18 a. C. por Baekje, un dos Tres reinos de Corea. Continuou como capital de Corea durante a dinastía Joseon e o Imperio de Corea. Seúl está rodeada por montañas, sendo a máis alta Bukhansan, o parque nacional máis visitado do mundo por metro cadrado. Seúl foi votado como o destino turístico máis desexable polos turistas chineses, xaponeses e tailandeses durante tres anos consecutivos entre 2009 e 2011 con máis de 10 millóns de visitantes internacionais no 2012.Seoul Statistics 10,560,468 de xaneiro de 2012 a novembro de 2012.
Etimoloxía A cidade foi coñecida no pasado por nomes sucesivos como Wiryeseong (위례성; 慰禮城, Era Baekje), Namgyeong (남경; 南京, Era Goryeo), Hanseong (한성; 漢城, Joseon) ou Hanyang (한양; 漢陽) e Keijō () ou Gyeongseong (경성; 京城)) durante o dominio xaponés. O nome actual Seúl deriva da antiga palabra coreana Seorabeol (서라벌; 徐羅伐) ou Seobeol (서벌; 徐伐), que significa "capital da cidade", que orixinalmente se refería á cidade de Gyeongju, a capital do reino de Silla, máis tarde chamada Geumseong (금성; 金星).
A diferenza doutros topónimos coreanos, Seúl só se pode escribir en hangul, 서울, non admitindo a escritura en caracteres hanja (chinés), xa que é unha palabra completamente coreana, sen raíz chinesa.
O nome galego Seúl, probablemente influído pola adaptación francesa Séoul, procede dunha mal interpretación da transcrición oficial Seoul, na que o dígrafo eo representa unha vogal semiaberta posterior non redondeada ou aberta, polo que a pronuncia coreana aseméllase máis a Sóul que a Seúl.
A diferenza doutros topónimos coreanos, Seoul (literalmente «capital», probablemente capital do estado de Cadeira) só pódese escribir en hangul () e non admite escritura en caracteres hanja, por tratarse dunha palabra completamente coreana, sen raíz chinesa.
O 19 de xaneiro de 2005 suscitouse unha certa controversia cando o concello da cidade pediu publicamente a China que deixase de chamar á cidade polo seu nome tradicional chinés Hànchéng (, en coreano Hanseong, nome antigo da cidade), e que adoptase no seu lugar o nome Shǒu’ěr (chinés tradicional) ou (chinés simplificado), adaptación fonética ao chinés do nome coreano actual. Esta decisión do concello de Seúl foi recibida con certo desdén na República Popular da China e en Taiwán. En calquera caso, algúns medios de comunicación en chinés xa empezaron a utilizar o nome acuñado polo concello de Seúl, mentres que este xa utiliza o novo nome nos seus folletos de información turística en lingua chinesa.
Historia Fundación miniatura|upright|esquerda|Fortaleza de Seúl thumb|upright|esquerda|Representación do Complexo de Palacios Ch'angdokkgung O asentamento da zona do río Han, onde se atopa a actual Seúl, comezou arredor do ano 4000 a.C. A historia urbana de Seúl comezou, no ano 18 a.C, cando Onjo, fillo de Dongmyeong rei de Goguryeo, fundou no norte de Corea, en Habuk (norte de Wiryeseong) (a actual área de Seúl no río Han), o reino de Baekje, establecendo a capital en torno a un castelo na beira do río Han (preto do monte Acha).Jinwung Kim, «A History of Korea: From "Land of the Morning Calm" to States in Conflict», p.38, Indiana University Press, 2012, ISBN 0253000785 Na zona quedan varias murallas que datan desta época. Pungnaptoseong, un muro de terra situado ao sueste de Seúl, crese que estivo no lugar principal de Wiryeseong. Catro anos despois trasládana a Hanam (beira sur de Wiryeseong) (nos arredores do actual Estadio Olímpico), onde reinou o seu irmán Biryu. Mentres os Tres Reinos (Baekje, Goguryeo e Silla) competían por esta rexión estratéxica, o control pasou de Baekje a Goguryeo no século V, e de Goguryeo a Silla no século VI.
No século XI o reino de Goryeo, que sucedeu o de Silla Unificada, construíu un palacio de verán en Seúl, ao que se refería como a "Capital do Sur". Foi só a partir deste período cando Seúl converteuse nun asentamento máis grande.
Dinastía Joseon
A principios da dinastía Joseon, en 1392, a capital foi trasladada, despois de superar a proba xeomántica do Feng Shui (en chinés: 風水, fong shuei ["vento" e "auga"]), a Seúl, tamén coñecida como Hanyang e máis tarde como Hanseong (한성, 漢城, "cidade fortaleza [no] [río] Han"), onde permaneceu ata a caída desta dinastía. O palacio Gyeongbokgung, construído no século XIV, serviu como residência real até 1592. O outro gran palacio, o Changdeokgung, construído en 1405, serviu como pazo real principal de 1611 a 1872.
Orixinalmente, a cidade estaba completamente rodeada por un cinto de 18,6 quilómetros de muralla de pedra maciza construída en forma circular, -para proporcionar seguridade aos cidadáns contra animais salvaxes, ladróns e ataques estranxeiros- con pazos e santuarios que se estiveron construíndo ata o século XVII.OrientalArchitecture.com . A cidade creceu máis aló desas murallas e aínda que a muralla xa non está en pé (excepto o tramo ao longo da montaña Bugaksan (coreano 북악산 hanja 北岳山 ), ao norte da zona céntrica), as portas permanecen preto do distrito do centro de Seúl, incluíndo sobre todo a Sungnyemun (comunmente coñecida como Namdaemun "Porta das Cerimonias") e Heunginjimun (comunmente coñecida como Dongdaemun "Porta da benevolencia en ascenso"). Durante a dinastía Joseon, as portas abríanse e pechábanse todos os días, acompañadas polo repique das grandes campás do campanario Bosingak. A finais do século XIX, tras centos de anos de illamento, Seúl abriu as súas portas aos estranxeiros e comezou a modernizarse. Seúl converteuse na primeira cidade da Asia Oriental en introducir electricidade no palacio real, electreficado pola Edison Illuminating Company e unha década despois Seúl tamén implantou farolas eléctricas.
Gran parte do desenvolvemento debeuse ao comercio con países estranxeiros como Francia e Estados Unidos. Por exemplo, a Compañía Eléctrica de Seúl, a Compañía de Tranvías Eléctricos de Seúl e a Compañía de Auga Doce de Seúl eran empresas conxuntas de propiedade coreana e estadounidense. En 1904, un estadounidense chamado Angus Hamilton visitou a cidade e dixo: "As rúas de Seúl son magníficas, espazosas, limpas, admirablemente feitas e ben drenadas. Ampliáronse os carrís estreitos e sucios, cubríronse cunetas, ensancháronse as calzadas. Seúl está a unha distancia medible de converterse na cidade máis alta, máis interesante e máis limpa do leste".
Dominio xaponés e guerra de Corea Despois do tratado de anexión en 1910, o Xapón anexionouse a Corea e renomeou a cidade como Gyeongseong ("Kyongsong" en coreano e "Keijo" en xaponés). Importouse tecnoloxía xaponesa, elimináronse as murallas da cidade, demoléronse algunhas das portas. As estradas asfaltáronse e construíronse edificios de estilo occidental. A cidade foi liberada polas forzas dos Estados Unidos ao final da segunda guerra mundial tras a cal e coa proclamación da República de Corea, a cidade converteuse na súa capital co nome actual, Seúl, que significa literalmente capital, e en 1949 foi nomeada como cidade especial de primeiro nivel.
Durante a guerra de Corea (1950-1953), Seúl, deiido a súa posición fronteiriza entre o norte e o sur, cambiou de mans varias veces entre as forzas de Corea do Norte apoiadas pola Unión Soviética e a China e as forzas de Corea do Sur apoiadas polos Estados Unidos, estes feitos deixaron a cidade gravemente danada despois da guerra. A capital foi trasladada temporalmente a Busan. Unha estimación dos grandes danos indica que despois da guerra, polo menos 191.000 edificios, 55.000 casas e 1.000 fábricas quedaron en ruínas. Ademais, unha avalancha de refuxiados entrou en Seúl durante a guerra, aumentando a poboación da cidade e a súa área metropolitana ata un millón e medio de persoas en 1955.
Período contemporáneo Despois da guerra, Seúl comezou a centrarse na reconstrución e modernización. A medida que a economía de Corea do Sur comezou a crecer rapidamente a partir da década de 1960, a urbanización tamén se acelerou e os traballadores comezaron a trasladarse a Seúl e outras cidades máis grandes. A partir da década de 1970, o tamaño da área administrativa de Seúl ampliouse moito xa que se anexou unha serie de cidades e aldeas de varios condados circundantes..
Ata 1972, Seúl foi reclamada por Corea do Norte como a súa capital de iure, sendo especificada como tal no artigo 103 da Constitución norcoreana de 1948.
A poboación de Corea do Sur en 2019 estimouse en 51,71 millóns, e segundo o Censo de poboación e vivenda de 2018, o 49,8% da poboación residía na área metropolitana de Seúl, o que representa un aumentou do 0,7% fronte ao 49,1% de 2010, mostrando unha clara tendencia á concentración da poboación na capital. Seúl converteuse no centro económico, político e cultural do país, con varias empresas Fortune Global 500, con sede alí, incluíndo Samsung, SK Holdings, Hyundai, POSCO e LG Group.
Seúl foi a cidade sede dos Xogos Asiáticos de 1986 e dos Xogos Olímpicos de verán de 1988, así como unha das sedes da Copa Mundial da FIFA 2002.
O 29 de outubro de 2022, polo menos 153 persoas morreron esmagadash cando unha multitude xurdiu nunha rúa durante as festividades de Halloween no distrito de Itaewon de Seúl, feito polo que o presidente coreano Yoon declarou o estado de loito nacional oficial.
Xeografía