José María Gagino Vidal, coñecido artisticamente como Chema Gagino, nado en Corme, Ponteceso en 1964, é un actor, director e guionista do audiovisual galego.
Traxectoria Comezou como actor e director de dobraxe en 1985, dando voz a actores como Woody Allen ou Jerry Lewis. En 1993 iniciouse nas curtametraxes. En 1998 pasou a dirixir a serie Mareas vivas (sexta e sétima tempadas), e posteriormente dirixiu as seis entregas de Terra de Miranda, traballando ademais como guionista e argumentista.
Filmografía Curtametraxes Testamento (1993) Distrito Picasso (1994) Vídeo doméstico (1995) Afonía (1996) A hora do té (1996) Isolina do Caurel (1997) Dous enfermos e unha enfermeira (1997) Arde amor (1998) Aínda máis difícil (1998) Décimo aniversario (1998) A vida aberta (1998) Rafael (2008) O elixido (2009)
Series A familia Pita (1997) Mareas vivas (1998) Terra de Miranda (2001)
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Produción Resultado2002Mellor directorTerra de MirandaNomeadoMellor guiónEntre bateas Gañador
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en www.culturagalega.org
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Personalidades do audiovisual galego Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Nados en 1964