O río Termes é un río galego que transcorre polo concello pontevedrés das Neves. Afluente do río Miño pola súa marxe dereita, forma parte do zona especial de conservación (ZEC) do Baixo MiñoPáxina web de Adela Leiro Presentación en Power Point Espazos Naturais:Baixo Miño..
Nace nos montes da Paradanta, na parroquia nevesa de Cerdeira, a unha altitude aproximada de 803 metros. Ao longo dos seus 9 quilómetros de lonxitude percorre, ademais de Cerdeira, as parroquias de San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no río Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Mapa de Galicia (2007), Edicións do Cumio.
Categoría:Afluentes do Miño Categoría:As Neves Categoría:Ríos da provincia de Pontevedra