Muá, Muá (título orixinal en inglés Kiss Kiss) é unha colección de relatos curtos de Roald Dahl, publicados conxuntamente en 1960 por Alfred Knopf. Foron traducidos o galego por Isabel Fortes e publicados por Ir Indo en 1990.

Contén os seguintes relatos:

"A patrona" "William e Mary" "A subida aos ceos" "O pracer dun crego" "Mrs Bixby e o abrigo do coronel" "Xelea real" "Georgy Porgy" "Xénese e catástrofe, unha historia verdadeira" "Edward o Conquistador" "Porco" "O campeón do mundo"

Sen chegar a ser relatos de terror, estas son algunhas das historias máis macabras de Dahl. Sutilmente, o inxenuo castiga o malvado, mais tamén ao revés.

A maioría das historias son presentadas como narracións típicas, aínda que con personaxes imaxinativos. O horror de cada relato aparece construído arredor da implicación, pero non se relata explicitamente, polo que moitos dos finais, con morte ou situacións desagradábeis, só poden ser imaxinados.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páxina da editorial.

Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1960 Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego