Mneme (en grego Μνήμη) ou tamén coñecida coma , é un satélite irregular retrógrado de Xúpiter. Foi descuberto por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii dirixidos por Scott S. Sheppard no 2003, e déuselle a designación provisional S/2003 J 21.IAUC 8138: S/2003 J 21 30 de maio do 2003 (descubrimento)MPEC 2003-K45: S/2003 J 21 29 de maio do 2003 (descubrimento e efemérides)
Mneme ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 21,427 millóns de km, tarda 640,769 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 149° con respecto á eclíptica (148° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2214. Mneme pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 millóns de km, con inclinacións duns 150°.
Recibiu oficialmente o seu nome actual en marzo do ano 2005, na mitoloxía grega, Mneme era unha das tres Musas orixinais.IAUC 8502: Satellites of Jupiter 30 de marzo do 2005 (bautizando a lúa) Algunhas veces é confundida con Mnemosine, nai das Musas (as tres ou as nove, dependendo do autor), o pai das mesmas era Zeus (Xúpiter).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter
Categoría:Lúas de Xúpiter