Laura Ponte Martínez, nada en Vigo o 9 de xuño de 1973, é unha top model galega. Durante anos foi considerada unha das modelos máis importantes de España e do mundo.Biografía en Hola! . Mide 1,77 m, e ten unhas medidas de 89-60-89.

Traxectoria Foi descuberta con 19 anos mentres estudaba Ciencias Políticas en Londres,Biografía en Vogue . e pouco despois gañou o prestixioso premio Look of the year organizado pola axencia Elite,"La parejita de Laura Ponte", artigo en Las Provincias, 7 de xullo de 2006 . o que supuxo o inicio dunha exitosa carreira, na que chegou a traballar para deseñadores como Valentino, Ralph Lauren, Hugo Boss ou Christian LacroixArtigo na web de Supermodelo 2006 . e a colaborar con fotógrafos como Steven Meisel, Richard Avedon ou Mario Testino.

En 1996 era a terceira modelo mellor pagada do mundo segundo un estudo da revista Harper's Bazaar"El triunfo mundial de las españolas Esther Cañadas y Laura Ponte", artigo en El Mundo . e desde 1998 ostentou o cargo de "Embaixadora da moda galega."Regreso a Cibeles", artigo en ABC, 17 de febreiro de 2002 .

Tras abandonar as pasarelas seguiu relacionada co mundo da moda, sendo a imaxe de marcas como Amichi e Cortefiel"Laura Ponte entre Amichi y Cortefiel", artigo en Cosas de moda e colaborando con algunha das revistas de moda máis importantes do sector en España como Telva"Un día con Laura Ponte", artigo en Telva, 17 de marzo de 2008 ou Elle''."La belleza de Laura Ponte" , artigo en Elle .

En setembro de 2004 casou con Luis Beltrán Ataúlfo Gómez-Acebo Borbón,"La Familia Real en pleno asiste a la boda de Beltrán Gómez Acebo y Laura Ponte", noticia en www.terra.es . fillo da infanta Pilar de Borbón e sobriño do rei Xoán Carlos I, converténdose desde entón en habitual das revistas da prensa rosa. O matrimonio divorciouse en 2011.

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Modelos femininas de Galicia Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes