miniatura|Falante de lingua quiché. A lingua quiché é unha lingua que forma parte do grupo quicheano de linguas, que forman parte da familia lingüística das linguas maias. É falada maioritariamente polos membros do pobo quiché, orixinaria de Guatemala, aínda que tamén ten presenza no sueste de México a causa da migración de refuxiados a este país durante o período da Guerra Civil Guatemalteca nos anos oitenta do século XX. Ten arredor dun millón de falantes en Guatemala,Segundo o censo de 2002 hai 1 270 953 persoas que pertencen ó pobo quiché (véxase , das cales 890.596 son falantes do quiché (véxase ).O SIL International menciona cifras moito máis elevadas e estima que o número total de falantes do quiché é de máis de dous millóns (véxase ). e uns 524 falantes en México (2002), sendo a lingua maia coa comunidade lingüística máis extensa e a segunda lingua de Guatemala, despois do español. Moitos falantes do quiché son bilingües da súa lingua nativa e do español, aínda que este fenómeno é menos frecuente nos ámbitos rurais illados. O quiché está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Existe unha substancial variación dialectal da lingua quiché, a algúns dos seus dialectos son considerados ás veces como linguas separadas. A maior parte dos falantes empregan a variedade coñecida como quiché central, que tamén é a máis empregada nos medios de comunicación e o ámbito educativo. Outros dialectos son o quiché centro-occidental, quiché de San Andrés, quiché de Joyabaj, quiché oriental, quiché de Nahualá e quiché de Cunén.
Aínda que non é unha lingua oficial nin en Guatemala nin en México, e os niveis de alfabetización como primeira lingua son baixos, a importancia do quiché tende a crecer tanto nas escolas como na radio no territorio guatemalteco. É recoñecida como lingua nacional en Guatemala a raíz da "Lei de Idiomas Nacionais" aprobada polo Congreso de Guatemala no 2003. En México, como resultado das reformas da Constitución deste país, e das leis regramentarias derivadas, o quiché ten o recoñecemento de lingua nacional, coa mesma validez no territorio mexicano que o español e outras sesenta e catro linguas indíxenas.
A obra máis coñecida escrita en quiché clásico é o Pop Wuj, máis comunmente coñecido como Popol Vuh.
Fonoloxía
Vogais
vogal anterior aberta non redondeadaavogal media central non redondeadaävogal anterior semi-cerrada non redondeadaevogal central cerrada non redondeadaivogal posterior semicerrada non redondeadaovogal posterior cerrada redondeada u
Consoantes
Bilabial Alveolar Palatal Velar Uvular Glotal normal implosiva normal exectiva normal exectiva normal exectiva normal exectiva normal Oclusivas p b' t t' k k' q q' ' Africadas tz tz' ch ch' Fricativas s x j h Nasais m n nh Líquidas l r Semivogais y w
Ortografía
Ao longo da historia, varios sistemas ortográficos empregáronse para transliterar a lingua quiché. A ortografía clásica do Padre Francisco Ximénez, que transcribiu o Popol Vuh, está baseada na ortografía española da época. En tempos recentes foi substituída pola ortografía estandarizada da Academia de Linguas Maias de Guatemala (ALMG). O etnohistoriador e maiísta Dennis Tedlock emprega o seu propio sistema de transliteración, diferente en todos os sentidos das ortografías establecidas.
Sintaxe e morfoloxía O quiché emprega unha orde Suxeito Verbo Obxecto, en oposición a moitos idiomas maiances nos que o verbo é o elemento inicial dunha oración. A variación deste esquema é pouco común, mais algúns falantes actuais empregan o sistema Verbo Suxeito Obxecto.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Introdución á lingua quiché na web Linguas do mundo e tipoloxía lingüística, da Universidade de Vigo. quiché no Ethnologue Dicionario quiché-inglés Fragmentos en audio do Popol Vuh, en quiché e e en castelán www.Palabravirtual.com
Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Pobo quiché