O Nuevo Estadio Los Pajaritos é un estadio de fútbol da cidade de Soria, España, sede habitual do Club Deportivo Numancia. O nome vén do barrio onde está situado, Los Pajaritos.

Historia

Inaugurado en 1999, acolleu as catro tempadas do CD Numancia en Primeira División. Mítico polo frío que no inverno fai alí.

O vello estadio de Los Pajaritos foi sede do primeiro partido oficial da selección absoluta de Castela e León e substituíu ao campo de San Juan, en Garray, onde anteriormente xogaba o club. A propiedade do estadio é do concello.

Co último ascenso a Primeira División ampliouse o espazo existente entre a banda e a bancada, reducíndose o aforamento ata os 9.025 espectadores actuais.

Véxase tamén Club Deportivo Numancia

Pajaritos Categoría:Soria Categoría:CD Numancia