The Cosby Show é unha comedia de situación da televisión protagonizada por Bill Cosby que se estreou o 20 de setembro de 1984 e que permaneceu en antena durante oito tempadas na NBC, ata o 30 de abril de 1992. Foi a serie máis popular dos anos 1980, conseguindo revivir o xénero da comedia de situación e os índices de audiencia da NBC. Desenvolvemento A serie xira arredor da familia Huxtable, unha familia afroamericana acomodada do barrio de Brooklyn en Nova York. Inicialmente os produtores ofrecéronllo á ABC e foi a NBC quen o programou, con enorme éxito de público, foi durante cinco tempadas o programa máis visto e del derivouse unha secuela A Different World que se emitiu entre 1987 e 1993.

En total emitíronse 197 episodios (201 contando os episodios dobres).

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1984 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1992 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da NBC