Éric Abidal, nado en Lión o 11 de setembro de 1979, é un ex-futbolista francés (de ascendencia de Martinica) que xogaba na posición de lateral esquerdo, aínda que podía adaptarse ao posto de central.

Traxectoria Debutou no ano 2000 nas filas do AS Mónaco, co que disputou 22 partidos ligueiros ao longo de dúas tempadas. Unha vez terminadas foi traspasado ao Lille OSC, no que adoptou o alcume de "O Queniata" debido á súa forza e resistencia física. Abidal tamén permanecería dous anos no club, aínda que nesta ocasión disputou 62 encontros ligueiros.

O seu rendemento chamou a atención do Olympique de Lión que decidiu fichalo en 2004 a pesar de que uns meses antes fora detido pola policía francesa ao acharlle 200 gramos de haxix no seu coche.

Participou máis tarde no Mundial de Alemaña. Nesta cita mundialista, a prensa fixo especial fincapé en que a maior parte dos xogadores que integraban o combinado de Raymond Domenech procedían xa sexa das antigas colonias de Francia ou dos territorios franceses de ultramar. Entre eles estaba Abidal, posto que os seus pais naceron en Martinica.

Finalmente, o 28 de xuño de 2007 o FC Barcelona tras chegar a un acordo co Olympique de Lión, fichou ao lateral francés por 14 millóns de euros e foi presentado co dorsal 22.

Eric debutou co club azulgrana durante a pretemporada realizada en Escocia e Asia. foi nomeado mellor lateral esquerdo de Europa no ano 2007 ao ser nomeado no equipo ideal da FIFA.

Na tempada 2009/2010, empezou moi ben, pero unha lesión fixo que se perdese gran parte da tempada, ocupando o seu lugar o brasileiro Maxwell. Volveu no último partido da tempada, contra o Real Valladolid, partido no que o FC Barcelona gañou a Liga BBVA. Ese día, Eric fixo un gran partido.

Selección nacional Foi internacional coa Selección de fútbol de Francia, xogou 67 partidos internacionais.

Participacións en Mundiais

MundialSedeResultadoMundial 2006 AlemañaSubcampiónMundial 2010 SuráfricaPrimeira fase

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLigue 1Olympique de LiónFrancia2005Ligue 1Olympique de LiónFrancia2006Ligue 1Olympique de LiónFrancia2007Copa do ReiFC BarcelonaEspaña2009Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2009Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2009Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2010Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2010

Copas internacionais TítuloClubPaísAnoLiga de Campións da UEFAFC BarcelonaEspaña2009Supercopa de EuropaFC BarcelonaEspaña2009Copa Mundial de Clubs da FIFAFC BarcelonaEspaña2009

Vida persoal Esta casado con Hayet Kebir, unha francesa de orixe alxerina, e converteuse ao islam. Teñen dúas fillas.

Abidal é un experto en decoración e bricolaxe, ademais é un dos donos dun restaurante de alta cociña francesa de Lión.

Éric marcou o seu primeiro gol en partido oficial no Estadio de San Mamés o 5 de xaneiro de 2011, salvando un penalti na quenda eliminatoria no Mundial de Alemaña 2006, pero non serviu de nada posto que Italia acabaría impóndose.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha de Abidal no sitio web do FC Barcelona

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Lión Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores do Lille OSC Categoría:Xogadores do Olympique de Lión Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Olympiacos FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA