A Rexión Autónoma de Madeira (en ) é unha das rexións autónomas de Portugal, correspondendo territorialmente ó arquipélago de Madeira, sendo o seu veciño marítimo máis achegado o arquipélago español das Illas Canarias, situado a carón de Marrocos, en África. A Rexión está dotada de autonomía política e administrativa a través do Estatuto Político Administrativo da Rexión Autónoma de Madeira, previsto na Constitución da República Portuguesa. A Rexión Autónoma de Madeira forma parte integral da Unión Europea co estatuto de rexión ultraperiférica do territorio da Unión, conforme ó estabelecido no artigo 299º-2 do Tratado da Unión Europea.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda insulana
Ligazóns externas Páxina oficial do goberno
Categoría:Rexións autónomas de Portugal Categoría:Madeira