Buzzcocks é unha banda inglesa de punk rock formada en Bolton en 1976 polo vocalista e guitarrista Pete Shelley. Son considerados unha importante influencia na escena musical de Manchester, o movemento discográfico independente, o punk rock, o powerpop, o pop punk e o indie rock. Acadaron o éxito comercial con sinxelos que fusionaban as estruturas pop coa enerxía do punk.

O nome "Buzzcocks" foi escollido por Howard Devoto e Pete Shelley despois de ler o titular "it's the buzz, cocks!" nunha recensión da serie de televisión Rock Follies na revista Time Out. O "buzz" é a excitación de tocar nun escenario; "cock" na xerga de Manchester significa colega.

Aínda que non tiveron tanta proxección como os tamén ingleses Sex Pistols e The Clash, os Buzzcocks foron referencia para bandas coma The Libertines, Green Day ou The Offspring (que versionaron o seu tema "Autonomy"). Fine Young Cannibals, Anti-Flag, Billy Talent e Thursday versionaron a súa canción "Ever Fallen in Love", mentres que Nirvana convidounos para que fosen os abreconcertos na que sería a súa derradeira xira europea.

Discografía miniatura|Left to right :Steve Diggle, Pete Shelley, John Maher,Chris Remmington, @ Hellfest 2013. Álbum Ano Selo Another Music in a Different Kitchen 1978 United Artists Records Love Bites 1978 United Artists Records A Different Kind of Tension 1979 United Artists Records Trade Test Transmissions 1993 Castle All Set 1996 I.R.S. Records Modern 1999 Go-Kart Records Buzzcocks 2003 Merge Records Flat-Pack Philosophy 2006 Cooking Vinyl The Way 2014 PledgeMusic Sonics in the Soul 2022 Cherry Red Records Attitude Adjustment 2026 Cherry Red Records

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais do condado do Gran Manchester Categoría:Grupos musicais formados en 1976