O músculo extensor curto do polgar é un músculo do membro superior humano, situado no compartimento posterior do antebrazo.
Orixe e insercións A súa orixe áchase na superficie posterior do radio e na membrana interósea. Sae pegado ao músculo abdutor longo do polgar para despois inserirse na superficie dorsal da base da primeira falanxe. No pulso, forma parte do bordo lateral da tabaqueira anatómica.
Función Estende a articulación metacarpofalánxica do polgar e pode estender a articulación carpometacarpiana do polgar.
Innervación Está innervado polo nervio interóseo posterior.
Categoría:Musculatura do membro superior