Darío Lamazares Pena, nado en Antas de Ulla en 1923 e finado o 7 de decembro de 2007 en Buenos AiresFalleció Darío Lamazares, primer presidente del Centro Galicia de Buenos Aires, España exterior 15/1/2008., foi un emigrante dinamizador da diáspora galega na Arxentina.
Traxectoria Chegou a Arxentina con 14 anos, en 1938, e pouco despois participou na fundación da Sociedad de Antas de Ulla y Monterroso e despois do Centro Lucense de Bos Aires, do que foi presidente durante catro períodos. Cando se fusionaron os centros pontevedrés, lucense, coruñés e ourensán no Centro Galicia de Bos Aires, en 1980, foi escollido o seu primeiro presidente. Tamén participou na creación do Instituto de ensino primario e secundario arxentino-galego Santiago Apóstol da capital bonaerense (1998), e mais da constitución da Fundación Galicia-América en 1996, da que foi escolleito vogal. Así mesmo, foi o voceiro da emigración galega nun acto de homenaxe no Congreso arxentino celebrado en 2005.
Galardóns Orde do Mérito Civil Medalla de bronce de Galicia en 1996. Enxebre Orde da Vieira
Datos persoais Faleceu no hospital do Centro Galego de Bos Aires. Tivo dous fillos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo dunha entrevista a Darío Lamazares, YouTube.
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Antas de Ulla Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes