miniatura|dereita|ZCIT nos meses de xullo e xaneiro. A zona de converxencia intertropical, coñecida tamén polo acrónimo ZCIT, é un cinto de baixa presión que cingue o globo terrestre na rexión ecuatorial. Está formado, como o seu nome indica, pola converxencia de aire cálido e húmido de latitudes por riba e por baixo do ecuador. Esta rexión tamén se coñece como fronte intertropical ou zona de converxencia ecuatorial. En inglés coñécese polo acrónimo ITCZ (InterTropical Convergence Zone).
Véxase tamén Ligazóns externas Artigo da NASA con imaxes da ZCIT
Categoría:Clima Categoría:Terra