miniatura|Mapa sobre a lenda xacobea da translación en Historia del Apostol de Iesus Christo Sanctiago Zebedeo (1610), de Mauro Castellá Ferrer, no cal aparece o castro Lupario. O castro Lupario, tamén coñecido como castro de Beca, é un castro galaico que se localiza entre as parroquias de Bastavales (Brión) e Ribasar (Rois). Foi declarado Ben de Interese Cultural en decembro de 2009. É de fácil acceso e poden verse restos das murallas. Esta acrópole castrexa quizais foi a capital dos Amaecos e chegou a acadar moita importancia. Como aconteceu noutras acrópoles, aquí tamén existiu durante séculos unha parroquia: Santo Antonini de Castro, suprimida a comezos do século XVII.

A lenda xacobea sitúa neste castro a residencia da raíña Lupa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Castros de Galicia Idade de Ferro Cultura castrexa

Ligazóns externas

Polémica no Castro Lupario

Lupario Categoría:Castros de Rois