Odetta Holmes, nada en Birmingham (Alabama) o 31 de decembro de 1930 e finada en Nova York o 2 de decembro de 2008, foi unha cantante, actriz, guitarrista e compositora estadounidense, coñecida como Odetta. Amais foi unha activista dos dereitos humanos, coñecida tamén como "A voz do movemento dos dereitos civís".

O seu estilo musical varía desde o folk estadounidense, o blues, o jazz, ata os espirituais negros. É unha figura importante da explosión musical dos cincuenta e sesenta dos Estados Unidos, canda outros músicos, como poden ser Bob Dylan, Joan Baez, Mavis Staples e Janis Joplin.

Traxectoria Aínda que naceu en Alabama, tras morrer seu pai cando ela tiña 7 anos, trasladouse con súa nai aos Ánxeles, onde se criou. Iniciouse no mundo da música aos 13 anos, recibindo leccións de ópera.

Foi ese mesmo ano onde estivo presente na marcha polos dereitos civís en Washington organizada por Martin Luther King, onde interpretou a canción "O Freedom". Barack Obama invitouna a participar na súa cerimonia de investidura, pero faleceu o 2 de decembro de 2008 aos 77 anos por mor dunha enfermidade cardíaca no Hospital Lenox Hill de Nova York.

Discografía The Tin Angel (1954) Odetta Sings Ballads and Blues (1956) At the Gate of Horn (1957) My Eyes Have Seen (1959) Ballad For Americans and Other American Ballads (1960) Christmas Spirituals (1960) Odetta and The Blues (1962) Sometimes I Feel Like Cryin (1962) One Grain of Sand (1963) Odetta and Larry (1963) Odetta Sings Folk Songs (1963) It's a Mighty World (1964) Odetta Sings of Many Things (1964) Odetta Sings Dylan (1965) Odetta (1967) Odetta Sings (1970) Movin' It On (1987) Christmas Spirituals (1988) Blues Everywhere I Go (1999) Looking For a Home (2001) Women in (E)motion (2002) Gonna Let It Shine (2005)

Notas

Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Birmingham, Alabama Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana