Antonio Benlloch García, coñecido como Belló ou Bellod, nado en Orihuela o 1 de decembro de 1945, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa e desenvolveu case toda a súa carreira no Deportivo da Coruña.
Traxectoria Comezou xogando ao fútbol no equipo xuvenil do Orihuela, na súa vila natal, e formou parte da selección murciana xuvenil. Aínda que o seu apelido era Benlloch, utliizaba Belló por ser máis sinxelo de pronunciar.
Xogou co primeiro equipo do Orihuela na Terceira División, pasando na tempada 1965/66 ao Hércules, da Segunda División. Debutou na categoría de prata na derradeira xornada desa tempada, contra o Levante, co equipo xa matematicamente ascendido a Primeira. Estreouse na máxima categoría nun encontro fronte ao FC Barcelona no Nou Camp, e disputou un total de 16 encontros en Primeira. Tivo ata cinco adestradores esa tempada e a seguinte, entre eles Toba e Ramallets, descendendo o equipo dúas veces seguidas, ata a Terceira División.
En 1968 fichou polo Deportivo da Coruña, que xogaba en Primeira. Afianzouse rapidamente na defensa, xunto con Luis, Domínguez e máis tarde Cholo, militando ata nove tempadas no club, e foi nomeado capitán trala marcha de Manolete ao Valencia. Viviu dous ascensos e tres descensos, un deles á Terceira División, disputando 243 partidos oficiais. Na súa última tempada no Deportivo, a 1976/77, sufriu unha lesión no xeonllo, sendo operado do menisco, e xa non volveu xogar ao fútbol.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en Orihuela Categoría:Nados en 1946 Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Orihuela Deportiva CF Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña