Jeff "Swampy" Marsh, nado o 9 de decembro de 1960 en Santa Monica (California), é un director de televisión, produtor, realizador de storyboards e actor de voz estadounidense relacionado con varias series de animación.

Traxectoria Comezou no mundo da animación traballando realizando fondos de animaciónJaq Greenspon Careers for Film Buffs & Other Hollywood Types, p. 91 na serie The Simpsons. Entre 1993 e 1996 foi escritor e director na serie A vida moderna de Rocko, onde coincidiu con Dan Povenmire, con quen xa traballara nos Simpsons, e xuntos concibiron nesa época a serie Phineas and Ferb que presentaron a varias cadeas que a rexeitaron. En 1996 estableceuse en Londres, traballou en varias series de animación como O carteiro Pat e Bounty Hamster. En 2005 Dan Poverine presentou Phineas and Ferb á Disney que pediu a reallización dun episodio piloto de 11 minutosUSC dropout makes it big in animation Daily Trojan, consultado o 9 de outubro de 2010 , logo despois de contactar con Marsh este volve aos Estados Unidos para a realización do episodio, tras velo danlle o plácet para realizaren 26 episodios, emitíndose finalmente o piloto o 17 de agosto de 2007 que viron 10.8 millóns de espectadores en Disney Channel, a serie emítese regularmente a partir do 1 de xaneiro de 2008, Swampy ademais de produtor executivo dálle voz ao personaxe do Major Francis Monogram.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de televisión Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Santa Monica Categoría:Personalidades da animación