Jaime Solá Mestre, nado en Vigo o 11 de setembro de 1874 e finado en Vigo o 9 de xaneiro de 1940, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria miniatura|250px|Redacción de Vida Gallega en 1909. José Gil Gil, Juan Tato Lens, Jaime Solá, Julián García Larrú e Julián Iglesias.
Foi sobriño do tamén xornalista Luis Antonio Mestre e viviu no Grove na súa infancia. A súa nai foi herdeira dunha parte do Gran Hotel da Toxa en 1891.
Estudou Dereito en Santiago de Compostela e Valladolid, pero profesionalmente dedicouse ao xornalismo. En 1903 mercou o xornal El Independiente de Vigo, que pasou a chamarse Noticiero de Vigo. Pasou un tempo en Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo e colaborou noutros xornais. Dirixiu as revistas Poquita Cosa e Vigo Juvenil. miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas. Sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra Mancebo.Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932. A súa contribución máis importante foi a revista Vida Gallega, que dirixiu dende a súa creación en 1904 ata o final da súa segunda época en 1938. Desde as páxinas de Vida Gallega fixo unha clara promoción do complexo hoteleiro da Toxa, sendo accionista da sociedade anónima que o xestionaba. Tamén dirixiu o semanario satírico Don Verdades.
Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939.
Obras Narrativa Cuentecillos, 1894. La mala sombra, 1895. El alma de la aldea, 1918. Ramo cativo. El Ribeiro de Avia, 1918. El otro mundo, 1919.
En Vida Gallega apareceron os relatos: Anduriña (1917), Diablillo (1920-21) e Mis memorias.
Poesía Todo malo, 1895. El nacer de un día, 1919.
Teatro El Diputado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público