Manuel Brañas Abad, nado en Aranga en 1950 e finado o 2 de maio de 2011, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria Labrego de profesión e concelleiro polo Partido Popular de Galicia en Aranga, en xuño de 2002 accedeu á cadeira municipal tralo falecemento do anterior alcalde, José Mosquera Maceiras o 26 de maio. Nas municipais de 2003 encabezou de lista do PPdeG, e acadou a vitoria (57%), aínda que perdeu tres concelleiros fronte ao seu predecesor. Nas municipais de 2007 conseguiu revalidar a maioría absoluta co 48% dos votos, se ben cedeu un concelleiro.

En 2008 a fiscalía iniciou unha investigación por presunta prevaricaciónEl fiscal investiga la negociación que el alcalde mantuvo con Collazo Mato, La Opinión de A Coruña, 12/3/2008., ao recualificárense 320.000 metros cadrados no lugar de Montesalgueiro para que o empresario José Collazo promovese un polígono industrial. O acordo entre o concello e o empresario provocou fortes protestas veciñais Apupos e insultos ao alcalde de Aranga polo seu plan urbanístico, De Luns a Venres, 29/2/2008..

Faleceu pouco antes da celebración das municipais de 2011 nas que volvía ser candidato, sendo substituído polo tenente de alcalde Alberto PlatasFallece a los 60 años el alcalde y candidato popular de Aranga.

Vida persoal Estaba casado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Aranga

Categoría:Alcaldes de Aranga Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Aranga Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes