miniatura|dereita|Vocabulario Castellano-Gallego das Irmandades da Fala (1933).

Un dicionario é un lista de termos ou palabras coas súas definicións. Tamén se consideran dicionarios as compilacións de caracteres, iconas, símbolos coa súa representación gráfica. Moitos dicionarios inclúen información adicional: pronuncia, etimoloxía, exemplos de uso, ilustracións e a maior parte dos dicionarios están en formato libro. As palabras ordénanse alfabeticamente.

A diferenza entre entre dicionario e unha enciclopedia está en que un dicionario céntrase no significado e uso das palabras, mentres unha enciclopedia intenta recompilar e organizar o coñecemento sobre temas moi variados.

miniatura|Diccionario galego da rima e galego-castelán. Tipos de dicionarios Dicionarios de definicións (é o máis habitual) Dicionarios bilingües Dicionarios de sinónimos Dicionarios de antónimos Dicionarios de rimas, chamados tamén inversos. En galego está o antigo exemplo de José Ibáñez Fernández (1950): Diccionario galego da rima e galego-castelán. Madrid: Marsiega. Dicionarios conceptuais, onomasiolóxicos ou ideolóxicos, tamén chamados inversos ou ás veces tesauros Dicionarios de frecuencias Dicionarios etimolóxicos Dicionarios de autoridades Dicionarios históricos Dicionarios visuais

Dicionario prescritivo Unha diferenza fundamental en linguas con Academias normativizadoras é a existente entre dicionario descritivo e dicionario prescritivo. Cando unha institución ten poder para sancionar (normalmente, en lexicografía denomínase sanción ou validación ao referendo positivo do uso, non á proscrición, negativa), esta publica as súas conclusións lexicolóxicas nun dicionario. Isto pasa en poucas linguas (para o castelán pola RAE, para o galego pola RAG, para o italiano pola Accademia della Crusca etc.), porque a maioría non teñen unha autoridade validadora. Isto permite establecer bases lingüísticas claras para o ensino e a lexislación, pero diminúe a velocidade de reacción e adaptación da lingua oficial aos novos tempos, posto que a distancia entre lingua oficial e usada é maior.

Véxase tamén

Outros artigos Dicionario electrónico Dicionario bilingüe

Ligazóns externas O Galizionario, proxecto irmán á Galipedia Dicionario da Real Academia Galega Dicionario de dicionarios (UVigo - ILG - USC) Dicionario Estraviz

Categoría:Dicionarios