José Gutiérrez Verdín, nado en Salinas (Castrillón, Asturias) o 18 de agosto de 1918 e finado o 1 de febreiro de 1966, foi un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria Na tempada 1941–42 formou parte do equipo do Deportivo da Coruña que debutou en Primeira División. A súa estrea produciuse na primeira xornada, da man do adestrador galego Celso Mariño, nunha vitoria no vello campo de Riazor fronte o CD Castellón (2–1). Esa campaña xogou 11 partidos, non sendo un habitual do ataque coruñés aínda que empezou a temporada de titular. Relegado á suplencia, os dianteiros habituais nesa campaña foron Cuca, Caballero, Antonio Chao e Elícegui.

Nas dúas seguintes campañas non participou case en ningún partido, xogando tan só 9 partidos en dous anos. O seu único gol en Primeira División anotouno na tempada 1943–44, na xornada 19, nun empate a domicilio contra o Sevilla FC (2–2).

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Finados en 1966 Categoría:Nados en 1918 Categoría:Nados en Castrillón Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña