Cale (ou en grego Καλή), tamén coñecida coma , é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta no ano 2001 polos astrónomos S. Sheppard, D. Jewitt, e J. Kleyna, e foi temporalmente designada como .IAUC 7900: Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento)MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
Cale ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,409 millóns de km, tarda 685,324 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (166° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2011. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de km, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus agosto do 2003 (bautizando a lúa), Cale na mitoloxía grega era unha da Gracias, fillas de Zeus (Xúpiter). Cale era a muller de Hefesto segundo algúns autores (a meirande parte atribúelle este feito a Afrodita).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter
Categoría:Lúas de Xúpiter